Novas vacinacións de directivos de residencias privadas na Galiza

Campaña de vacinación da Covid-19 (Foto: Europa Press)

O xerente galego de Clece vacinouse no centro ocupacional Souto de Leixa de Ferrol, ao que a empresa alega que acode

 

Empregados de Clece, entre eles o xerente en Galiza, foron vacinados contra a covid-19 no Centro Ocupacional Souto de Leixa de Ferrol. Política Social confirmouno, do mesmo xeito que a compañía, que incide en que todos os que integran esa listaxe, incluído o xerente, acoden "asiduamente" e realizan funcións na residencia, polo que "se cumpre" o protocolo definido polas autoridades.

Así o trasladou a Europa  Press fontes de Política Social e da empresa tras a información publicada por elDiario.es, que sitúa como un dos empregados que se vacinou o delegado na Galiza de Clece, Alberto Domínguez.

Respecto diso, Política Social ratificou que na listaxe de vacinación estaba, efectivamente, o xerente, pero incide en que a compañía confirma que todos os traballadores incorporados acoden ou realizan diversas funcións nos centros.

Clece é unha empresa que pertence ao grupo ACS  e que xestiona comedores escolares, residencias e diferentes servizos para as administración públicas.

A nova chega após a polémica pola vacinación da CEO de DomusVi na Galiza, Josefina Fernández