Novas concentracións na Galiza contra o golpe en Bolivia

Esta quinta feira, ás 20:30 horas, en 8 cidades e localidades galegas

“Non ao golpe á democracia” é o lema das concentracións convocadas para esta quinta feira en 8 localidades galegas para rexeitar o golpe de estado en Bolivia. Entre as organizacións que chaman a apoiar estas mobilizacións están  CCOO, PCG ou Anova, entre outras. A pasada semana varias cidades galegas xa foron escenario de concentracións de apoio ao pobo boliviano e contra o golpe, convocadas desa vez por Mar de Lumes.

No manifesto das concentracións desta quinta feira acusan os golpistas de procurar “derrotar a clase obreira boliviana” e de acabar co “control do pobo, organizado no MAS” sobre a “economía” para “beneficio das maiorías sociais”.

Concentracións quinta feira 21 de novembro (todas ás 20:30 horas):
— A Coruña: Obelisco
— Ferrol: palco da música (Cantón)
— Santiago de Compostela: Praza de Cervantes
— Lugo: diante do Concello
— Ourense: praza Maior
— Pontevedra: Subdelegación do Goberno
— Vigo: Praza da Princesa
— Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza