Nova traxedia no mar en menos de 24 horas: un mariñeiro morto nun naufraxio en Malpica

Imaxe: TVG

O 'Silvosa' deu volta no porto malpicán esta madrugada

Na madrugada afundiu o pesqueiro 'O Silvosa' cando saía faenar do porto de Malpica. Catro homes compoñían a tripulación, un deles faleceu. É o patrón do pesqueiro, veciño de Malpica, José Ángel Sanjurjo, de 48 años.

 

Os outros tres conseguiron ser rescatados.

 

O naufraxio produciuse após bater o barco contra un muro do porto, segundo informa a TVG. É o segundo naufraxio en Galiza en menos de 24 horas.