Tres mariñeiros mortos e un desaparecido no naufraxio dun pesqueiro en Fisterra

Outros 6 tripulantes do barco, con porto base en Portonovo, foron rescatados. 

Tres mariñeiros mortos e un desaparecido no naufraxio a perto de 5 millas de Fisterra dun pesqueiro con base en Portonovo, o cerqueiro ‘ Sin querer 2’, que levaba 10 tripulantes a bordo, dos que 6 foron rescatados. Estes foron trasladados a Fisterra e a Muros. A maior parte dos tripulantes son veciños de Cambados, mais tamén os hai de Portonovo e Poio.

 

O helicóptero Helimer recuperou un cadáver e o Salvamar outros dous. Arestora estase buscando un tripulante máis, operativo no que toman parte varios barcos pesqueiros de portos cercanos. Previamente, os medios mobilizados lograron salvar seis persoas en dúas balsas. Salvamento Marítimo recibiu unha alerta de radiobaliza ás 13:49 horas no centro nacional de coordinación de Madrid, procedendo a activar de xeito inmediato o procedemento de emerxencia.

 

Un buque da armada española, Tabarca, diríxese á zona para unirse ás tarefas de búsqueda do mariñeiro desaparecido. A situación do mar complica os traballos.