De balde a APP de Nós Diario: Toda a información no teu móbil

Nós Diario lanza a súa APP para garantir o acceso a información dun xeito mais áxil e dinámico e para que poidas ter ao momento toda a actualidade da Galiza e do mundo.

Coa axuda da consultora tecnolóxica galega Openhost SL, especializada en comunicación nos medios dixitais, Nós Diario aposta con decisión por unha APP coa quere estar moito mais perto do lector e lectora ofrecendolle unha mellor "usabilidade"  a través dos dispositivos móbiles, con menor consumo de datos.

Unha nova ferramenta coa que recibir de forma inmediata e directa toda a información de Galiza e do mundo desde a redacción de Nós Diario no teu móbil ou tablet. A crise da pandemia fixo que adiantaramos o lanzamento desta ferramenta -de balde- e dispoñíbel en Google Play Store para os Android e na App Store de Apple.

Unha experiencia de usuario óptima

A nova APP destaca sobre todo pola súa velocidade de carga e polo seu deseño ofrecendo unha gran experiencia ao usuario e á usuaria. É 100% responsive, adaptada completamente ao entorno móbil e navegábel desde calquera dispositivo móbil. Queremos que a información galega e do mundo estexa ao teu dispor.

Poderás consultar en todo momento as últimas novas, os principais titulares do día e acceder a todas as seccións habituais da web: Política, Social, Internacional, Traballo, Economía, Cultura, Lingua, Opinión, Deportes e Memoria e Historia.

Recibe notificacions

Podes ademais recibir notificacions con información da  última hora directamente no teu móbil. Estarás actualizado en tempo real dos temas do día aínda que non esteas usando a APP.

Terás así sempre a man a última hora informativa con rigor e independencia, os temas de actualidade tratados con profesionalidade.

Partilla!

Desfruta dos nosos contidos e partillaos dunha maneira máis sinxela nas túas redes sociais ou a través do teu WhatsApp no teu móbil. Descarga ágora a nosa app para Android e para Apple:

Android. A través de Google Play Store aquí:

Enlace: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.opennemas.nosdiario

Apple. Podes premer neste enlace

Enlace: https://apps.apple.com/us/app/nos-diario/id1498741856?ls=1