Noruega proxecta un parque eólico de 221 megavatios nas comarcas de Valdeorras e O Bierzo

Pas para un parque eólico no porto de Ferrol (Greenalia)

O Proxecto está xa en exposición pública para a súa avaliación ambiental. Na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares.

A empresa Desarrollos Renovables Iberia Delta S.L, pertencente á compañía estatal norueguesa Statkraft, proxectou a construción dun parque eólico de 221 megawatts —formado por 22 aeroxeradores de 5,5 megawatts de potencia nominal unitaria— en terreos de 3 concellos da comarca de Valdeorras e 4 do Bierzo, segundo informa Diario de León e que xa avanzara a finais do ano pasado La Opinión da Coruña.

Barxas, Oencia, Trabadelo e Veiga de Valcarce, O Barco de Valdeorras, Petín e  Villamartín de Valdeorras. Por estes tres útimos pasaría a liña de evacuación que conectaría a subestación do novo ‘Parque Eólico  Baraxs’ coa subestación de  Trives. 

O proxecto que xa foi presentado a todas as administracións involucradas e o Ministerio para a Transición Ecolóxica puxo en exposición pública para a súa avaliación ambiental.

Segundo o diario leonés, na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares e Montes de Cervantes, Navia e  Becerrea.

O período de execución do parque será de 18 meses, contados a partir da data de obtención das autorizacións e licenzas necesarias, e para permitir o acceso ata os emprazamentos previstos para os aeroxeradores —cunha altura desde o chan superior a cen metros— o proxecto deseñado pola empresa asturiana Taxus contempla a construción de viais e plataformas.

A empresa estatal norueguesa  Statkraft é o maior produtor de enerxía renovable de Europa e emprega a 4.000 persoas en 17 países.