Normas para eliminar os residuos domésticos no isolamento por coronavirus

As bolsas deberán ser depositadas nos contedores de resduos domésticos ou inorgánicos, non nas de separación para reciclaxe. (Europa Press)

O Ministerio de Sanidade vén de emitir unha serie de recomendacións para o manexo dos residuos en fogares con algunha persoa infectada por coronavirus ou en isolamento domiciliario por sospeitas de contaxio, que deberá eliminarse na sección de lixo doméstico ou inorgánico, sen realizar ningunha separación de reciclaxe.

 

 

 

As normas, publicadas no BOE do pasado domingo e difundidas nas últimas desde algunhas Administracións locais, sinalan que o material da persoa doente se separará nunha bolsa de plástico dentro dun recipiente específico, a poder ser con tapa e pedal de apertura, situado na propia habitación. Incluirase nela, tanto os refugallos como o material de un só uso utilizado pola persoa enferma e quen a coida (luvas, panos, máscaras...) e introducirase nunha segunda bolsa.

Para as persoas coidadoras, indícase que a máscara e os lentes empregados nesta tarefa débense retirar fóra da habitación da persoa enferma, onde tamén haberá un recipiente para ese efecto con esa segunda bolsa de plástico, que terá peche hermético.

Esa segunda bolsa, cos residuos anteriores, depositarase no caldeiro do lixo co resto dos residuos domésticos da fracción inorgánica. Esa terceira bolsa xenérica tamén deberá pecharse adecuadamente.

As Autoridades sanitarias chaman a lavar as mans con auga e xabón inmediatamente despois de manipular estes residuos durante 40-60 segundos e advirten que en ningún caso, a bolsa que conteña os residuos de persoas con sospeitas de contaxio ou enfermans deberán deixarse no resto de contedores: nin no de orgánicos, envases, papel, vidro, téxtil e/ou aceite nin abandonarse fóra do contedor. 

.