“Non ao Golpe”: cidades galegas acolleron concentracións de apoio a Evo Morales

Concentración en Compostela (Mar de Lumes)

Organizadas por Mar de Lumes, denunciaron o golpe de estado “contra o goberno lexítimo”.

Desafiando choiva, vento e frío, varias ducias de persoas tomaron parte esta quinta feira nas concentracións de denuncia do golpe de Estado en Bolivia e de apoio a Evo Morales organizadas por Mar de Lumes en Compostela e A Coruña. Esta sexta feira decorreán as convocadas en Ourense e Vigo (20:00 horas subdelegación e 20:00 horas Marco)

Mar de Lumes chama “a sair á rúa para denunciar o golpe de estado contra o lexítimo goberno de Evo en Bolivia, patrocinado e apoiado polo imperialismo ianqui, e o ataque que supón para os dereitos dos pobos indíxenas e os sectores populares”.