IGUALDADE

No camiño da igualdade sexual

Detalle do modelo do clítoris en 3D

A sexóloga Martina González Veiga e o enxeñeiro Juan Callón deron co primeiro modelo en 3D dun clítoris a tamaño real. O obxectivo: contribuír a unha mellor realización de operacións cirúrxicas, empregalo como ferramenta educativa e sobre todo, avanzar cara a unha igualdade sexual real. Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 249.

A sexualidade feminina foi sempre un tema tabú na sociedade. Menosprezada e invisibilizada ao longo da historia, sofre aínda hoxe en día unha forte discriminación. Porén, sempre hai persoas que loitan por unha igualdade real de xénero. Tamén no aspecto sexual. Este é o caso de Martina González Veiga, psicóloga e sexóloga do grupo Con Mucho Gusto. Foron ela e Juan Callón, enxeñeiro de impresión 3D, quen a partires duns planos realizados por investigadoras independentes francesas, realizaron o primeiro modelo en tres dimensión dun clítoris a tamaño real.

 

Todo comezou en Francia, en abril de 2016, cando tres investigadoras realizan os planos do clítoris e preparan unha maqueta con fins divulgativos. A idea xurdiu cando unha delas, Odille Fillod, se decatou do nesgo que existía nos libros de Bioloxía, onde en moitas ocasións o clítoris non aparecía sequera representado. Outra das motivacións que convenceu a Fillod foi o descoñecemento sobre educación sexual en Francia que reflexou unha enquisa realizada a estudantes de entre 18 e 25 anos. Até este momento, non existía modelo desta parte da anatomía feminina.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 249, á venda na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]