Mateo e Sofía os nomes máis escollidos para as crianzas nadas no 2019

As cativas e cativos non teñen, maioritariamente, nomes galegos (Foto: E.P.)

Os pais e nais galegos escolleron Mateo e Sofía por diante de Lucas, Martín, Noa e Martina.

Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) durante a xornada de hoxe revelan que Mateo e Sofía son os nomes máis escollidos polos pais e nais galegos durante o pasado ano 2019, revalidando a primeira posición que xa conseguiran en 2018.

Así, un total de 280 nenos recibiron o nome de Martín e 208 nenas o de Sofía, que superaron na táboa a outros moi populares como Martin, Lucas, Hugo, Pablo, Lara, Lucía, Valeria, Valentina ou Daniela.