Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) durante a xornada de hoxe revelan que Mateo e Sofía son os nomes máis escollidos polos pais e nais galegos durante o pasado ano 2019, revalidando a primeira posición que xa conseguiran en 2018.
Así, un total de 280 nenos recibiron o nome de Martín e 208 nenas o de Sofía, que superaron na táboa a outros moi populares como Martin, Lucas, Hugo, Pablo, Lara, Lucía, Valeria, Valentina ou Daniela.