Nieves Cabo, compostelá de 82 anos, leva a primeira vacina da Covid-19 na Galiza

Nieves Cabo, primeira galega en vacinarse da Covid-19 (Foto: Xunta).
Nieves Cabo, usuaria da residencia de maiores Porta do Camiño, convértese na primeira galega en recibir a vacina da Covid-19

Tan só unhas horas despois de que se administrase a primeira vacina no Estado español, a compostelá Nieves Cabo, de 82 anos, converteuse este domingo na primeira galega en recibir a vacina contra a Covid-19. 

Foi minutos despois das 11 horas na residencia Porta do Camiño, da que é usuaria, e na que onte realizouse un simulacro por parte da Consellaría de Sanidada para garantir a seguridade de todo o protocolo. 

Tras ela, que permaneceu en observación durante media hora e que, segundo as autoridades sanitarias, mostrouse moi contenta, foi a quenda de Xosé Antonio Arcay, traballador da cociña da residencia Porta  do  Camiño, situada no centro histórico compostelán.

As primeiras 500 doses da vacina entraron en territorio galego pola autoestrada A-52 sobre as 7,20 horas da mañá escoltadas pola Garda Civil. Así, en torno as 10 da mañá, chegaron á capital para a súa posterior distribución ao centro sociosanitario.

Tras as primeiras  inoculaciones da vacina, está previsto que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, fagan unha valoración ao mediodía sobre o inicio da campaña nos exteriores da residencia, na  Praza 8 de Marzo.