A neve dificulta a circulación na A-6 polas Nogais e Pedrafita do Cebreiro

Unha máquina traballa quitando neve nunha estrada dos Ancares (Foto: Nós Diario)

A situación meteorolóxica complicou esta pasada noite a situación de estradas nas zonas de montaña no oriente do país.

A chegada dunha fronte fría á Galiza está a dificultar o acceso por algunhas estradas das zonas de montaña do oriente do país.

A Deputación de Lugo informou este sábado que e que a cota de neve está situada durante a xornada sobre os 600-700 metros.

Ademais, en concellos como Cervantes e Pedrafita (comarca dos Ancares) acumuláronse entre 10 e 15 centímetros.

Outras zonas, como O Courel e Navia, tamén contan con neve nas cotas máis altas.

Dificultades en Manzaneda

Máis ao sur, en Manzaneda, informaron que durante a xornada desta sexta feira tiveron problemas aínda que na actualidade pódese circular con normalidade, salvo a subida á estación de Montaña.

Ademais, transcendeu que no serán desta sexta feira, unha familia tivo que ser auxiliada na OU-0704 ao quedar bloqueada a dous quilómetros do hotel da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.