O denunciante dos 9 da Casa Cornide

O neto de Franco que foi condenado por maltrato á súa parella

Jaime Martínez-Bordiú, nunha das súas intervencións televisivas.

Benxamín dos netos de Franco, Jaime Martínez-Bordiú, denunciante dos 9 da Casa Cornide, ten ás súas costas todo un historial de escándalos e de incidentes saldados perante a xustiza ou coa intervención da policía. En 2009 foi condenado por un xuíz de Barcelona a un ano de prisión por maltrato e ameazas de morte á súa parella. O maxistrado ditou unha orde de afastamento por un tempo de tres anos. O netísimo non tivo de ingresar en prisión por carecer de antecedentes. Durante o xuízo, Martínez-Bordiú afirmou que no seu caso se lle aplicaba a Lei de Violencia de Xénero dun modo abusivo.

 

Habitual nunha época dos platós de televisión, admitiu perante as cámaras a súa adicción á cocaína. Foi detido nunha ocasión por un incidente na estrada: tivo unha forte discusión cun automovilista ao que, segundo o testemuño deste, chegou a ameazar cunha pistola.