Nerdnites en Compostela: O antropoceno, un vaso prehistórico da Cova de Eirós e a vida rodeado de residuos

Esta iniciativa de charlas científicas fóra do ámbito académico e en diálogo co público están a consolidarse na capital galega.

Santiago de Compostela sumouse no ano 2012 e as NerdNites, nacidas en Estados Unidos. Esta iniciativa articúlase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico e nun ton distendido

A sesión das NerdNites do mes de outubro, que terá lugar a partir das 21,30 horas desta terza feira na Nave de Vidán (Compostela) centrarase no Antropoceno, o achado dun vaso prehistórico atopado en Cova Eirós e na posibilidade de vivir rodeados de residuos.

A catedrática do departamento de Ecoloxía, Evolución e Bioloxía Mariña da Universidade de California en Santa Bárbara, Débora Iglesias, falará nesta sesión de mares quentes, océanos acedos e outras historias mariñas do Antropoceno.

Así mesmo, Ramón Fábregas, catedrático de Historia da USC, desenvolverá o relatorio 'Casando fóra da parroquia? o caso do vaso prehistórico da Cova Eirós', que analiza este singular achado.

Finalmente, Ángeles Pereira Sánchez, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC, responderá á cuestión 'Viviremos rodeados de residuos?'.