Os nacementos caen na Galiza 3,16% e as defuncións soben 0,49%

Os necementos na Galiza seguen a caer (Foto: Nós Diario)
En febreiro deste ano producíronse no país 1.071 nacementos, e en xaneiro houbo 1.151.

Galiza rexistrou até febreiro deste ano 2.222 nacementos, o que supón, en comparación co mesmo período de 2022, un descenso de 3,16% en relación aos 2.295 que se anotaron durante os dous primeiros meses do ano pasado, segundo a Estimación Mensual de Nacementos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Segundo os mesmos datos, en febreiro deste ano producíronse no país 1.071 nacementos, e en xaneiro houbo 1.151.

Datos estatais

En todo o Estado, até febreiro rexistráronse 51.929 nacementos, que son 1,29% menos que nos dous primeiros meses de 2022.

Por outra parte, até a décimo terceira semana do ano rexistráronse na Galiza 9.309 defuncións, 0,49% máis. Neste período no Esatdo faleceron 124.628 persoas, case a mesma cifra que ata a décimo terceira semana de 2022.