Nacións sen estado á beira da independencia, a debate nas universidades de Compostela e Minho

[Imaxe Zoomnews]

Unha dupla xornada afondará nos retos e oportunidades dos procesos independentistas en Europa.

As universidades de Minho e Compostela organizan de maneira conxunta unhas xornadas sobre as nacións sen estado en Europa focando a atención naqueles procesos de autodeterminación máis avanzados como o escocés e o catalán. 

Nunha dupla xornada de debate, que terá lugar os días 18 e 19 de abril, distintas persoas de Gales, Escocia, Inglaterra, Catalunya, Euskal Herria, Portugal, Galiza e o Estado español, afondarán nos retos e oportunidades que achegan aqueles procesos que sitúan as nacións sen estado á beira da independencia. 

A actividade está financiada pola Fundación Coppieters e na Galiza decorrerá o 19 de abril no Paraninfo da Universidade de Xeografía e Historia a partir das 09:30.

Podes consultar o programa completo das xornadas na seguinte ligazón