Nacionalistas votan no Congreso contra a "reforma light" da LOMCE e piden a súa derrogación

Congreso, abertura constitución da XII lexislatura.

Unidos Podemos abstívose.

O pleno do Congreso español convalidou esta cuarta feira o decreto-lei que deixa sen efectos académicos temporalmente as avaliacións finais de ESO e Bacharelato da Lomce co apoio de PP, PSOE e Ciudadanos, a abstención de Unidos Podemos e o voto en contra de formacións nacionalistas e independentistas. A Cámara baixa tamén aprobou, por asentemento, a creación da subcomisión parlamentar que buscará o Pacto de estado social e político para unha Lei básica de educación.

O ministro de Educación, Íñigo Méndez, afirmou no debate sobre o real decreto-lei que o apoio parlamentar sería “un paso importante” cara ao pacto. Cómpre lembrar que o Consello de Ministros aprobou esta reforma da Lomce o 9 de decembro e entrou en vigor o 11, e tiña que ser referendada posteriormente polo Congreso, o que aconteceu esta cuarta feira.

Votaron a favor 252 deputados, 18 en contra e 67 abstivéronse. Entre os que apoiaron están Compromís, UPN, Foro e CC, algúns de maneira crítica. Pola contra, Bildu, ERC, PNV e Pdecat posicionáronse contra a norma.