Os nacementos na Galiza alcanzan os 11.271 até outubro, 0,96% máis, mentres as defuncións aumentan 2,29%
Os nacementos na Galiza alcanzaron os 11.271 até outubro, o que supón un incremento de 0,96% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica esta cuarta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE).
No relativo unicamente ao mes de outubro, os nacementos situáronse en 1.157 na comunidade, algo menos que no mesmo mes de 2024 (1.159).
Pola súa parte, as defuncións alcanzaron as 32.749 en 2024, cunha caída de 2,3% das ocasionadas por tumores e incrementos de 1,9% e de 5,5%, respectivamente, as debidas a enfermidades do sistema circulatorio e do sistema respiratorio. Entre xaneiro e outubro do presente exercicio, o dato de mortes repuntou na Galiza 2,29%.
No conxunto estatal, os nacementos rexistraron unha lixeira repunta nod dez primeiros meses deste ano nos que naceron 2.738 nenos máis. En total, 267.498 bebés naceron no Estado. desde xaneiro até outubro.
Entre 1989 e 2023 houbo na Galiza 359.282 mortes máis que nacementos, o equivalente a todos os habitantes de Vigo e Ferrol