Os nacementos caen en Galiza en 13% e os falecementos aumentan en case 1%

Os dados de movemento natural de poboación do IGE persisten nos malos rexistros demográficos do noso país.

Os nacementos caeron en 13% e os falecementos aumentaron en 0,96%. Son datos do movemento natural de pobioación de Galiza correspondenets ao terceiro trimestre de 2018 e que esta sexta feira publicou o Instituto Galego de Estatística (IGE). Nese período naceron 4.208 crianzas e faleceron 7.066 persoas. Unha fenda importante.

 

Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galiza perderá 230.722 habitantes no período 2016-2031, o que supón unha diminución de 8,5%. Por provincias, en Ourense e Lugo daranse as maiores perdas en termos relativos (12,6% e 11,3% da poboación respectivamente).

 

O informe Indicadores Urbanos do INE (Instituto Nacional de Estatística) elaborou unha listaxe coa porcentaxe que representa a poboación nova a respecto da total entre as 136 principais cidades do Estado español. A proporción de poboación de cero a 14 anos que vive nas cidades galegas é das máis baixas entre as urbes do Estado español. Ferrol lidera ese ranking. Na cidade departamental só 10,8% dos seus habitantes teñen menos de 15 anos.