Nace a segunda filla de Antón Gómez-Reino

Antón Gómez-Reino, portavoz de Galicia en Común (Imaxe: Álvaro Ballesteros)
"Naceu  Maitén. A vida ábrese camiño sempre. Luz e esperanza", escribiu Antón Gómez-Reino ao nacer a súa segunda filla na Arxentina. 

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas e candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, vén de ser pai por segunda vez ao nacer na Arxentina a súa filla Maitén, á que terá que agardar a coñecer debido ao confinamento decretado pola emerxencia sanitaria do coronavirus.

Gómez-Reino, tamén deputado no Congreso español, deu a coñecer publicamente o nacemento de Maitén a través das súas redes sociais, onde recibiu os parabéns da a ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Unidas Podemos), e de deputados como Néstor Rego (BNG) e Pilar Cancela (PSOE).

"Naceu  Maitén. A vida ábrese camiño sempre. Luz e esperanza. Naceu sa e forte, decidida. Leva con ela o nome dunha árbore da cordilleira andina, onde viu o mundo por primeira vez", di  chío de Gómez-Reino.