En Pontevedra

Nace un novo centro social, O Quilombo

O CS abre na Rúa Princesa, onde estaba a Pichelería. Imaxe: Google Maps

Inaugura esta sexta feira en Pontevedra cunhas xornadas que se estenderán até o sábado nas que se dan a man música, actividades para crianzas, coloquios sobre a represión no Brasil ou presentación de libros.

“Os quilombos eram os refúgios das escravas fugidas no Brasil, desde onde se organizavam e lanzavam operaçons para libertar novas escravas”. E O Quilombo é o nome que adopta o novo centro social que nace no país, concretamente en Pontevedra. Está na Rúa Princiesa e esta sexta feira e sábado organzia unha serie de actividades que servirán para inaugurar o CS e dálo a coñecer.

 

O Quilombo como un centro social “galego, popular, aberto, asamblear e colaborativo”, que para alén das actividades e actos que organice procura unha colaboración cos diversos movementos sociais da cidade.

 

O programa das xornadas de inauguración abrangue actividades como a presentación de Semente-Pontevedra oudo libro de Zeca Afonso, unha palestra sobre a resistencia en Brasil baixo o actual goberno da dereita dereita ou a presentación da coordinadora antifascista na cidade.