Nace a Assembleia Nacional Galega, un movemento cívico galeguista para “construír” a Nación

Un movemento cívico galeguista, asamblear, democrático, e que procura sumar forzas, ideas e iniciativas para a profundación democrática e a construción nacional de Galiza. Esta é a finalidade da Assembleia Nacional Galega (ANG), o movemento que este 27 de xaneiro presentarase publicamente no Centrosocio-cultural de Vite, Compostela.

 

A ANG quer deixar claro que é “independente de calquera partido ou sindicato” e que non nace para concorrer ás eleccións ou con ansias e aspiracións de gobernar institucións. A Assemblea pon os ollos nas Irmandades da Fala mais adaptándoas ao século XXI. Aponta á desmotivación, ao casanzo que detecta en parte da sociedade galega a respecto dunha política “em permanente confronto, sectaria”.