Música contra os cheiros

Imaxe dunha mobilizaciçón veciñal contra a planta.

Festival solidario en Teo contra a instalación dunha planta de tratamento de residuos.

O festival solidario e reivindicativo “DesPlanta Sons” terá lugar esta sexta feira 7 de setembro. Un festival pensado para todos os públicos que comezará ás 20.30h con inchables gratuítos para os máis pequenos quenes poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo. O grupo coral de mulleres Son Elas continuará amenizando a festa para dar paso logo á música tradicional e folk a cargo de Tres Pesos e Os D’Abaixo. Rematarase o festival con música de Deseqilibrio Mental e os John Derees.

 

A plataforma ‘Casalonga Limpa de Residuos’, sinala que “temos a esperanza de ser quen de enfrontarnos aos poderosos e impedir a construción da planta. Si o conseguimos teremos gañado a primeira batalla, mais non a guerra. A guerra so a gañaremos cando a canteira e a súa contorna, sexan quen sexan os propietarios, acompañen as nosas vidas no canto de ameazalas”.