IV Romaxe artesá da Chaira

Muras e Romaxe, a mellor maridaxe

A Veiga colle este sábado a cuarta edición dunha cita imprescindíbel que reúne, de mañá até ben entrada a noite, en Muras música, artesanía, gastronomía, xogos tradicionais ou teatro.

A Veiga (Muras) acolle este sábado, 25 de maio, a IV Romaxe Artesá da Chaira, unha cita que nestes catro anos xa se convertiu en imprescinbíbel no calendario de encontros do país. Unha aposta máis en poñer en valor o rural galego e que reúne este sábado artesanía, teatro, música, gastronomía, cultura... neste concello da Serra do Xistral.

 

De 10:00 horas a 14:00 horas terá lugar a Mostra dos Oficios, que reunirá unha manchea de artesáns e traballadores de diversas profsións, de xoiería a canteiros, pasando por artesáns da madeira, de instrumentos tradicionais ou da forxa.

 

Ao longo do día haberá xogos tradicionais, obradoiros (para crianzas e para adultos) ou palestras sobre cooperativismo no rural, entre outros. Non faltará a gastronomía, como tampouco o baile, exposicións ou malabares.

 

O ramo vaino poñer o concerto a tardiña/noite, coa Fanfarria Taquikardia e Sés.