Moblización da CIG/8M

Mulleres marchan en Compostela contra o “acoso e terrorismo patronal”

Imaxe: GZ Contrainfo

En solidariedade con Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo (Hedegasa) que vén sufrindo desde 2009 unha situación de acoso laboral.

Baixo o lema ‘Acoso laboral: terrorismo patronal’, unha marcha de mulleres percorreu o treito entre o estadio de San Lázaro e a sede da Secretaría xeral de Igualdade da xunta de Galiza para denunciar unha realidade que se concreta no caso de Nélida Pisco. Esta condutora de autobuses leva sufrindo desde  2009,unha situación de acoso laboral, denuncia a CIG.

O sindicato convocou esta marcha, que tiña como finalidade denunciar as discriminacións que sofren as mulleres no mundo do traballo. “A situación desigual das mulleres segue a ser un caso especial dentro de todas as discriminacións existentes en todos os países do mundo. Rematar coa discriminación que oprime a metade da humanidade será unha das maiores revolucións. Por iso segue a ser plenamente vixente e necesario situar no debate e na axenda dos países de todo o mundo a análise de cal é a situación que afrontan as mulleres, co fin de poder procurar solucións a esta”.