Sería a vítima 51 de feminicidio

Unha muller é asasinada supostamente pola súa ex parella en Alcobendas

Máis un feminicidio no Estado español. Desta vez, en Alcobendas, onde unha muller de 44 anos foi asasinada presuntamente pola súa ex parella, que foi detida.

Unha muller de 44 anos de idade morreu presuntamente asasinada pola súa ex parella en Alcobendas. Segundo un portavoz da Xefatura Superior da Policía, o suposto homicida permanece detido após o asasinato da muller, que tivo lugar arredor das 15.30h da sexta feira, 11 de decembro. Foi a filla da vítima quen atopou o corpo sen vida da muller.

Con este novo caso de violencia machista e segundo as cifras oficiais do Ministerio do Interior, serían 51 as mulleres vítimas de feminicidio no Estado español en 2015, seis delas, na Galiza.