Feminicidio

Unha muller é asasinada pola súa parella en Zaragoza

Esta cuarta feira, 16 de decembro, tivo lugar un novo feminicidio no Estado español. Nesta ocasión, en Zaragoza, onde un home asasinou, presuntamente, a súa parella, de 44 anos.

Os feitos aconteceron esta cuarta feira ás 5.15 horas e o suposto agresor, de 49 anos, foi detido após os veciños e veciñas teren alertado dunha discusión no interior da vivenda. A investigación continúa aberta e o home pasará nos próximos días a disposición xudicial.

Con esta muller, segundo as cifras oficiais, xa son 52 as vítimas de feminicidio no Estado español, seis delas en Galiza, logo do asasinato dunha muller en Alcobendas esta pasada fin de semana.