A muller de 58 anos falecida por Covid na área de Ferrol non estaba vacinada

Xiringa extraendo unha dose da vacina contra a Covid-19 (Foto: Feydzhet Shabanov)
As autoridades sanitarias indicaron que o deceso desta muller, que non se atopaba hospitalizada e faleceu no seu domicilio, produciuse o pasado 12 de novembro na área de Ferrol.

A muller de 58 anos que faleceu a pasada sexta feira, 12 de novembro, no seu domicilio, pertencente á Área Sanitaria de Ferrol, afectada de coronavirus, non estaba vacinada contra a Covid-19, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

Do seu falecemento informou na tarde desta segunda feira, día 15 de novembro, a Consellaría de Sanidade, que indicou que esta vítima da Covid non tiña patoloxías previas.

As autoridades sanitarias indicaron que o deceso desta muller, que non se atopaba hospitalizada e faleceu no seu domicilio, produciuse o pasado 12 de novembro na área de Ferrol.

Os seus restos mortais foron velados no Tanatorio crematorio Albia Ferrol e enterrados na tarde do pasado sábado, 13 de novembro, no cemiterio veciñal de San Mamed de Laraxe, no municipio de Cabanas.

Vacinación

Galiza avanza no proceso de vacinación contra a Covid-19 coa administración doutras 9.056 doses netas horas, tras o que ascende ao 85,12% a poboación con pauta completa.

Galiza atinxe os 1.367 casos activos de Covid-19, que supoñen 82 máis que a xornada pasada, tras rexistrarse 122 novos contaxios, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 56 -tres máis-. 

Segundo os datos publicados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horasdesta segunda, aumentan a 10 as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galiza -unha máis- e a 46 as hospitalizadas noutras unidades -dúas máis-, mentres que 1.311 atópanse en seguimento no seu domicilio.