O mozo da puñada a Raxoi propina unha labazada ao coordinador de Vox en Pontevedra

Imaxe do agredido

A policía identificou o mozo que en decembro de 2015 propinou unha puñada en Pontevedra a Mariano Raxoi, daquela presidente do Goberno central, como autor dunha labazada ao coordinador de Vox en Pontevedra.

A formación de ultradereita Vox denunciou que o seu coordinador local en Pontevedra, Juan Manuel Rosales Pérez, foi agredido na mañá do sábado cando repartía folletos informativos nun lugar próximo á praza de abastos.

 

Garda civil retirado, o membro de Vox denunciou os feitos perante a Policía Nacional por lesións e un delito de odio. O autor foi, segundo fontes policiais, o mozo que en decembro de 2015 propinou unha puñada a Raxoi, daquela presidente do Executivo español. Ademais da labazada ao coordinador local de Vox, guindou petardos no lugar en que os membros do partido de extrema dereita repartía os panfletos.

 

Vox condenou os feitos. Unha condena á que se sumou o candidato do PP á Alcaldía, Rafael Domínguez.