As entidades ecoloxistas deseñan a súa folla de ruta para este 2020

O Movemento Galego polo Clima artella a súa axenda para colocala na cita electoral

Medio cento de entidades participaron na asemblea do sábado en Compostela (Movemento Galego polo Clima)
Unha boa representación das 80 organizacións e colectivos que conforman o Movemento Galego polo Clima xuntouse este sábado na Casa do Matadoiro de Compostela para perfilar as liñas de accións e retos deste 2020 cunha cita, aínda indefinida, no horizonte: a convocatoria das eleccións á Xunta. 

As entidades galegas queren que a axenda ecoloxista teña peso nos programas que concorran aos comicios e, con esa aspiración, elaborarán, no marco do Movemento, un decálogo con medidas e propostas ambientais desde o ecoloxismo para acita electoral. Entre os acordos adoitados  cóntase a elaboración dun novo manifesto, que incluirá "propostas reais e efectivas na loita contra o cambio climático". O Movemento quere que o documento funcione como unha "folla de ruta, para lograr unha transición enerxética, así como un modelo produtivo, industrial e de consumo galego que permita unha transformación ecosocial xusta".

Outro dos acordos pasa por organizar no verán un encontro nacional, que se presenta como "un espazo para a aprendizaxe colectiva e as sinerxías, coa finalidade de consolidar o movemento ecoloxista galego e dar visibilidade á importancia de actuar de maneira conxunta". 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.