Esta terza ás oito do serán

O movemento feminista convoca protestas polo asasinato de Diana Quer

Manifestación feminista en Vigo.

Baixo a palabra de orde “Xuntas remataremos co patriarcado criminal”, o movemento feminista vén de convocar protestas en cinco cidades para esta terza feira ás oito do serán. As concentracións polo asasinato de Diana Quer serán en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense e Pontevedra.
 

Os lugares de manifestación son os habituais do movemento feminista. A Praza 8 de Marzo, o Marco, o Obelisco, a Subdelegación do Goberno e a Audiencia Provincial, respectivamente.

 

Logo de 16 meses desaparecida, a Garda Civil atopou o cadáver de Diana Quer nunha vella nave abandonada na parroquia de Asados, en Rianxo. Quer fora vista por última vez de madrugada na Pobra do Caramiñal. José Enrique Abuín Gey é o autor confeso do crime.