Un motorista de 57 anos falece tras chocar contra un vehículo en Vigo

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 06 horas, cando varios particulares alertaron do accidente.

Un home, V.P.R. de 57 anos de idade, perdeu a vida na mañá desta terza feira en Vigo tras chocar contra un coche mentres circulaba coa súa moto.

Os feitos

Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 06 horas, cando varios particulares alertaron do accidente.

Segundo explicaban, o motorista caera por un terraplén duns tres metros de desnivel no punto quilométrico 8 da PO-325.

A partir de aí, solicitouse a intervención dos servizos de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, dos Bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e do servizo de mantemento da vía.

Por iso, desprazouse até o lugar unha ambulancia medicalizada, que atendeu dous pacientes, resultando falecido no punto o home, mentres que outro home, J.R.G. de 45 anos, foi trasladado ao Hospital Ribeira Povisa.