Pontevedra

Achan o corpo sen vida dun home desaparecido en Ponte Sampaio

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
A familia notificou a súa ausencia esta segunda feira e o cadáver apareceu na madrugada.

Os servizos de emerxencia localizaron o corpo sen vida dun home nas proximidades dunha área fluvial do río Verdugo situada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Segundo confirmaron profesionais de Emerxencias do 112-Galiza, o home atopábase desaparecido desde as 17 horas desta segunda feira, tal e como relatou á central de emerxencias un familiar contra as 21 horas.

Con esta información, os operadores do 112 solicitaron a colaboración para este operativo de busca da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil de Pontevedra e de Soutomaior.

Finalmente, os Bombeiros de Pontevedra atoparon o cadáver no lugar de Acevedo, nun sitio próximo á súa vivenda, pasadas as 00 horas da madrugada desta terza feira.