Oito de cada dez falecementos na rede galega corresponde a homes

As mortes nas estradas teñen xénero masculino

Accidente cunha vítima mortal na A-6 (Europa press)

A sinistralidade mortal nas estradas galegas ten rostro de home, segundo se desprende das últimas estatísticas do Instituto de Medicina Legal da Galiza (Imelga), o órgano que presta asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xulgados en materia de medicina forense.

Na súa última memoria, correspondente a 2018, o Imelga fai un estudo das 138 mortes contabilizadas na circulación e no uso de vehículos a motor e estabelece que 78,9% das vítimas foron varóns, un total de109.

Ese desequilibrio non pode xustificarse polo maior número de homes ao volante, á vista do censo de persoas condutoras da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) que, no mesmo ano, sitúa os permisos de mulleres como 45,5% do total. Porén, elas representan escasamente 21% do total de persoas falecidas.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.