Morre un home en Muros tras caer ao mar mentres recollía mexilla

Porto de Muros (Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez).
Segundo informou o 112 Galiza, un particular que se atopaba no punto deu a voz de alarma na mañá desta terza feira. Tal e como relataba, o seu compañeiro caera ao mar nesa zona.

Un home faleceu esta terza feira tras caer ao mar desde unhas rochas mentres recollía cría de mexillón na zona de Monte Louro, no municipio de Muros (comarca de Muros).

Segundo informou o 112 Galiza, un particular que se atopaba no punto deu a voz de alarma sobre as 10.20 horas. Tal e como relataba, o seu compañeiro caera ao mar nesa zona.

Deste modo, os xestores da central de emerxencias deron aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas da Galiza, aos servizos sanitarios, aos membros do GES de Muros, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e de Protección Civil.

Así, os servizos de emerxencias lograron rescatar ao home, que foi trasladado até o porto de Muros, onde se confirmou o seu falecemento.