Morre un home tras bater o coche que conducía contra outro vehículo en Antas de Ulla

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola N-640 ao seu paso pola parroquia de Dorra.

Un home faleceu esta quinta feira tras batero coche que conducía contra outro vehículo no Concello de Antas de Ulla, na comarca da Ulloa.

Segundo informou o 112, no momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola N-640 ao seu paso pola parroquia de Dorra.

Así o indicaba un dos particulares implicados no sinistro que chamou dez minutos antes das 23 horas ao 112 Galiza para pedir axuda. Segundo o seu relato, perdeu o control do seu vehículo e bateu contra un turismo, no cal viaxaba unha persona que precisaba asistencia sanitaria urxente, xa que parecía estar inconsciente.

Con estes datos, os xestores do 112 Galiza puxeron enseguida en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiz-061, aos membros do GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil.

A pesar dos esforzos, nada se puido facer por salvar a vida ao condutor dun dos vehículos implicados no accidente. A maiores, outra persona foi atendida no punto polo persoal sanitario debido a feridas leves, aínda que non foi necesario o seu traslado.