Morre un home ao caerlle encima unha rama cando tallaba unha árbore en Lugo

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
O suceso tivo lugar ás 13.10 horas, momento no que un particular informou de que ao home lle caera encima unha rama cando estaba a cortar a árbore e que quedara atrapado.

Un home faleceu no mediodía desta terza feira ao caerlle encima a rama dunha árbore que tallaba no lugar de Astariz, na parroquia do Veral do municipio de Lugo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar ás 13.10 horas, momento no que un particular informou de que ao home lle caera encima unha rama cando estaba a cortar a árbore e que quedara atrapado.

Ante iso, a Sala de Operacións do 112 Galiza informou o Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza 061, ao corpo de Bombeiros de Lugo e á Policía. Unha vez os servizos de emerxencias acudiron até a zona, estes só puideron confirmar que o home falecera.