Morre un home de 74 anos e outro resulta ferido nun accidente de tractor en Neda

Ambulancia do 061. (Foto: Europa Press)
Outra persoa, de 43 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Un home de 74 anos faleceu esta segunda feira como consecuencia do accidente dun tractor en Neda (Ferrolterra). Neste mesmo sinistro outra persoa, de 43 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo trasladaron fontes do 061.

O sinistro tivo lugar sobre as 13.52 horas de hoxe, cando a central de Urxencias Sanitarias-061 recibiu a alerta polo accidente deste tractor.

Até o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado do 061, que atendeu as dúas persoas afectadas; unha delas, que responde as iniciais de J.P.H., falecido no punto. O outro ferido, de 43 anos e que responde as iniciais de R.P.R., foi evacuado ao hospital.