Morre o delegado do Rácing Vilalbés, Manolo Lamas, ao se precipitar dun andamio

Estadio municipal da Magdalena, lugar en que xoga o Rácing Vilalbés (Foto: Rácing Vilalbés).
Segundo informou o 112-Galiza, até o lugar desprazáronse sanitarios do 061, que só puideron confirmar a morte do home, e axentes da Garda Civil.

Un home faleceu esta segunda feira ao se precipitar dun andamio en Cospeito (Terra Chá).

Segundo informou o 112-Galiza, até o lugar desprazáronse sanitarios do 061, que só puideron confirmar a morte do home, e axentes da Garda Civil.

O falecido é Manolo Lamas, delegado do equipo de fútbol Rácing Club Vilalbés e pai de Simón Lamas, adestrador do primeiro equipo.

Os feitos

O suceso tivo lugar no lugar de Vilouriz, na parroquia de Seixas. Até alí desprazáronse sanitarios do 061 que nada puideron facer polo falecido, que caera desde unha altura duns cinco metros.

Lamas tiña 65 anos e era orixinario de Vilalba. Traballou como albanel e militou en varios equipos e desde hai máis de 15 anos exercía como delegado do Racing Vilalbés.