Morre un condutor en Vigo tras impactar no túnel de Bouzas, en Vigo

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron minutos antes das 8 horas e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron a emerxencias, asegurando que un vehículo acababa de chocar contra a medianeira do túnel en dirección Balaídos.

Unha persoa faleceu na mañá desta sexta feira en Vigo tras saírse da vía no túnel da VG-20 ao seu paso por Bouzas.

Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron minutos antes das 8 horas e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron a emerxencias, asegurando que un vehículo acababa de chocar contra a medianeira do túnel en dirección Balaídos.

Tamén avisaban de que no interior do mesmo só viaxaba unha persoa.

Por iso, os xestores solicitaron a acción dos bombeiros e da Policía Local, así como dos servizos de mantemento da estrada.

Máis tarde, outras chamadas de particulares informaban ao 112 de que os servizos sanitarios estaban a tratar de reanimar ao condutor, que finalmente faleceu.

Segundo accidente

Precisamente, esta mesma semana tamén se produciu na mesma zona outro aparatoso incidente, que provocou longas retencións na segunda feira, pero saldouse cun ferido.