HAI OUTRO POSíBEL CASO DE FEMINICIDIO EN MADRID

Morre asasinada unha muller en Sevilla presuntamente a mans da súa parella

Violencia machista

Unha muller de 42 morreu apuñalada presuntamente a mans da súa parella en Machena (Sevilla). Ademais, a policía detivo o suposto autor dun crime machista en Carabanchel (Madrid), onde foi asasinada unha muller de 32 anos.

Unha muller de 42 anos morreu esta madrugada como consecuencia dun suposto crime machista en Machena (Sevilla). A falecida resultara ferida de gravidade o sábado tras ser presuntamente apuñalada pola súa parella. A vítima fora trasladada ao Hospital de Osuna, ao igual que o suposto autor da súa morte, xa detido e que logo de apuñalada se autolesionou.

Ademais, unha muller de 32 anos morreu asasinada tras ser acoitelada. A policía detivo o suposto autor do crime, un home de 34 anos que era a ex parella da falecida. O arrestado contaba con antecedentes por malos tratos. Aínda non se confirmou que se trate dun novo caso de violencia de xénero.