Montes, cruceiros, aparcadoiros ou fincas urbanas: consulta aquí os bens inmatriculados pola igrexa no teu concello

Cruceiro de Marrubio, en Montederramo, inmatriculado pola igrexa (Foto: Turismo da Ribeira Sacra)

A Igrexa inscribiu como propios máis de 7.000 bens na Galiza desde 1998

A Igrexa católica conta cun total de 7.131 bens inmatriculados na Galiza entre 1998 e 2015, por mor da reforma da Lei Hipotecaria levada a cabo polo Goberno de José María Aznar, segundo a listaxe elaborada polo Goberno español e enviada ao Congreso dos Deputados.

Segundo esta listaxe, Galiza é o segundo territorio con máis inmatriculacións -acción de inscribir por primeira vez unha propiedade no rexistro da propiedade- do total de 34.961 existentes no Estado español, só por detrás de Castela e León (10.243).

Aquí podes consultar todos os bens afectados por esta actuación da igrexa católica. Na listaxe podes buscar o teu concello e ver a que propiedades lle afecta. Dos 7.131 bens, 2.747 son templos e os 4.384 restantes son fincas rústicas, vivendas, solares, cemiterios e prazas de aparcadoiro,