O monte como recurso contra os incendios

[Imaxe Troposfera]

Galiza arde. Iso é un feito. A cuestión é cara onde camiñar para que deixe de facelo.

 

Que é o monte para Galiza? Non é doado dar resposta a esta cuestión. Desde unha óptica xeográfica o monte representa no noso país “case un millón de hectáreas” ou, o que é o mesmo, “máis da metade da superficie” territorial, explica en conversa con Sermos Galiza, Alberte Román, xeógrafo e produtor do documentario Nas nosas mans. Porén, “o monte non é só un espazo físico”, acrecenta. É tamén un medio de produción, un recurso con valor en si propio. “Esa complexidade” para o definir, “reflicte tamén a complexidade do espazo que se quere xerir” e a maneira en que se fai. 

Da man de Alberte Román e Emilio López, Milucho, abordamos as razóns que motivan a proliferación dos incendios como unha ameaza que paira sobre o monte galego cada verán. Aliás, reflexionamos sobre as posíbeis solucións coas que combater o lume. Non fai falla procuralas moi lonxe, advirten, Galiza conta con experiencias propias que amosan o camiño a seguir: os montes en man común nos que se están a desenvolver proxectos de aproveitamento multifuncional deste medio de produción. 

Co monte de Carballo (Friol) e a comunidade de Vincios (Gondomar) completamos unha reportaxe en chave positiva. Porque das cinzas, tamén pode agromar un monte vivo. 

Podes ler a íntegra no número 157 do semanario en papel. Á venda xa na nosa loxa.