“Moncho estaría hoxe aquí, berrando Mina Non”

A  Plataforma Veciñal de Touro-O Pino Mina Non e a Irmandade Moncho Valcarce homenaxearon no Museo do Pobo Galego a memoria do crego e activista.

25 anos despois do seu pasamento, Mocho Valcarce segue vivo. O seu compromiso e loita contra as inxustizas e na defensa do territorio e do país continúa a ser un testemuño collido por colectivos e plataformas que se opoñen a unha explotación de Galiza que implique danos ambientais e sociais para a veciñanza e beneficios para accionistas moi afastados deste país.

 

A Plataforma Veciñal Mina Touro -O Pino Non e a Irmandade Moncho Valcarce, productora da exposición “Moncho Valcarce: Unha vida de compromiso con Galiza”,que permanecerá no Museo do Pobo Galego ate o 16 de setembro, organizaron un acto de homenaxe ao coñecido como “Cura das Encrobas”.

 

Houbo visitas guiadas, música, poesía, intervencións de representantes sociais e políticos. Un acto no que estiveron presentes representantes doutras plataformas que loitan na defensa do territorio, como a Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes, Non eólicos en Ordes, Contra o vertedoiro de Lesta, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ou Salvemos as fragas de Catasós..Todas elas subliñaron a importancia do exemplo de Moncho Valcarce nun acto que, como dixo Campaña Ferro, membro da Irmandade Moncho Valcarce: "Moncho estaría aquí hoxe aquí, berrando Mina Non".