Mobilizacións esta terza feira nos 7 campus galegos contra o proxecto de universidade privada

Plataforma galega universidade pública

Ás 11 da mañá realizaranse concentracións simultáneas.

A Plataforma galega en defensa da universidade pública  convoca a cidadanía para esta terza feira, 11  de febreiro, a amosar o seu rexeitamento contra o proxecto de lei que permitirá a creación da primeira entidade privada deste tipo na Galiza, unha iniciativa “promovida por Abanca e que conta co respaldo da Xunta de Feixoo”.

Nas concentracións pedirase a paralización do proxecto lexislativo que vai permitir a creación da Universidade Intercontinental da Empresa “sen apenas coñecerse cales van ser as intencións dos seus promotores en canto a oferta formativa”.

Ademais da asistencia ás concentracións de mañá segue activa a posibilidade de adherirse tanto a nivel individual como colectivo á Plataforma no blogue blogue da Plataforma.

A Plataforma, composta inicialmente polas tres organizacións sindicais con representación nas tres universidades galegas (CIG, CCOO e UGT), así como polas organizacións estudantís Erguer, Anega, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes, levará a cabo a primeira mobilización contra este proxecto. Recentemente tamén se adheriron á Plataforma as seguintes organizacións e entidades: Traballadores Galegos da Universidade (TGU), A Trabe Colectivo Nacionalista do PAS da USC, COonfederación Anpas Galegas, Bloque Nacionalista Galego, Grupo Común da Esquerda, Galiza Nova e Briga.

Lugar das concentracións

Santiago Reitoría da USC

Lugo Biblioteca Intercentros

A Coruña Facultade de Informática

Ferrol Vicerreitoría Ferrol

Vigo Reitoría da UVigo

Pontevedra Facultade de Ciencias Sociais