Mobilizacións contra os recortes nas prestacións asistenciais e por desemprego

Esta cuarta feira, 16 de maio, convocadas pola CIG.

A CIG convoca para esta cuarta feira, 16 de maio, concentracións en varias cidades e vilas contra os recortes nas prestacións asistenciais e por desemprego. O sindicato critica que o goberno español  pretenda unificar as axudas de carácter asistencial (PAE, RAI e PREPARA) cando a xestión destas prestacións é competencia dos diferentes territorios, e así foi reoñecido polo Tribunal Constitucional.

 

“O Goberno no seu afán centralizador pretende aplicar o artigo 155 ás persoas desempregados galegas e non fai efectiva a sentenza, unificándoas e integrándoas na seguridade social. Todo isto para que as comunidades autónomas onde o PP non goberna non teñan capacidade de aumentar a taxa de cobertura do paro tanto en número de traballadores/as que a perciben como na súa contía”, explican desde a CIG.

 

Entre as propostas da central nacionalista están, entre outras, que a contía do SMI debe ser a que o fixa a Carta Social Europea como asumiu o Estado español e debe corresponderse polo tanto con 60% do salario medio galego, o cal debería de ser de 857 euros en 14 pagas. Ou derrogar as reformas das prestacións por desemprego realizada polo goberno do PP recuperando os termos anteriores á reforma laboral de 2012.

 

Concentracións previstas

- A Coruña,  12:00 h  Edificio da Xunta en Monelos

- Pontevedra, 12:00 h Sede INEM

- Vilagarcía, 12:00 h Sede INEM

- A Estrada, 12:00 h Sede INEM

- Santiago, 12:00 h Xunta de Galiza

- Vigo, 11.00 h diante do edificio administrativo da Xunta.