Mobilización este sábado en Vigo contra a “guerra imperialista”

Colerctivos sociais e sindicais chaman a se concentrar ás 18:00 horas perante o Marco para defender que “a contra-partida á barbarie de París non pode ser a guerra”. 

Perante o Marco, este sábado 5 de decembro ás 18.00 horas, e baixo o lema 'Galiza pola paz. Non á guerra imperialista'. É a convocatoria que diferentes colectivos e movementos de Vigo e comarca realizan para lembrar que “a Paz é un valor sempre ameazado polo odio e polos intereses imperialistas en todo o mundo. A primeira vítima das tensións bélicas mundiais son os dereitos e a democracia”.

Entre as e os convocantes están a Asemblea Popular de Vigo, RSP, CUT, Ninguéns, Asemblea Republicana, CGT, Sindicato Ferroviario, STEG, PAH Vigo-Baixomiño-Tui, Acouga, SLG, Queremos Pasar, SAGAP, Plataforma en defensa Ensenada de San Simón, Piratas, FOAMPAS, A. Pensionistas Retornados, Ponte Solidaria, AGABO, Plataforma Cidadá de Redondela, Sindicato da Elevación, Plataforma Hepatites C, Fronte Cívica e Foro Social de Cangas.

“A contrapartida á barbarie de París non pode ser a guerra, e si a desactivaciòn das ofensivas internacionais que deixan tras de si regueiros de medo, torturas e matanzas indiscriminadas de milleiros de persoas”, manifestan nun comunicado que será lido no acto polo escritor Ásvarez Cáccamo.