Penúltimo suplemento até xullo de 2017

Mitos e mentiras sobre os incendios forestais no Caderno de Verán

[Imaxe: Ana Mosquera] Bicicleta facendo de cancela nunha finca do rural

Dedicamos o penúltimo Caderno de Verán a descubrir de primeira man e desde o rural a problemática estrutural dun monte ateigado xa non de minifundios, senón de microfundios. O suplemento recolle as seccións máis frescas do Sermos!

O Caderno de Verán está a piques de rematar. Tan só fica o número que sairá co Sermos Galiza 211, á venda nos quiosques a próxima quinta feira. Antes do parón deste suplemento até o verán que vén, imos debullar os contidos do penúltimo Caderno.

A reportaxe principal, asinada pola avogada e autora do blog Á sombra do Penegache, Ana Mosquera, afonda nas razóns dos incendios no monte galego. Este testemuño desde o rural dá conta non só das causas conxunturais, senón da problemática estrutural da superficie forestal na Galiza.

Ademais de facérmonos eco das citas principais da semana na axenda cultural, publicamos unha nova entrega da serie de relatos If you’d love me somebody, do escritor Miguel Mato Fondo. Tan só fica unha entrega para chegarmos ao final desta interesante historia. Aliás, a poeta Rosalía Fernández Rial achéganos un poema máis da súa sección "Lindes Alén", que se inspira nos murais do proxecto Derrubando muros con pintura, do Concello de Carballo.

En “A comer e beber!” propoñemos a cervexa artesá Nós e un local de praia ao pé do areal de Espiñeira, en Mera (Oleiros) e en “Es de montaña ou de praia?” visitamos Malpica nunha ruta ateigada de sabor a mar.

Fechamos este Caderno de Verán cunha imaxe de Xurxo Lobato, nesta ocasións Mans. Trátase dunha fotografía de finais do século XX dunha nai e dunha filla nunha corte de gando.

[O Caderno de Verán está á venda xunto co Sermos Galiza 210 nos quiosques e na loxa]