Miss Terceira Idade máis só 3 compresas e 1 cueiro por residente

Beatriz Mato na eleccion de Miss Terceira Idade

Recortes en recursos básicos mais dispendio en actos sociais. A sección de Trabalo e Benestar da Coruña da CIG denuncia que, mentres a Consellaría que preside Beatriz Mato recorta a 3 compresas e 1 cueiro por residente segue a gastar en festas como a de “miss terceira idade” de Melide. 

Nos centros de atención ás persoas maiores reduciuse o gasto de materiais de maneira que só se permite o uso de 3 compresas para o día e un cueiro para a noite Esta é a denuncia que vén de facer pública a sección sindical de Traballo e Benestar da Coruña da CIG que acusa a “deixadez e falta de preocupación polas persoas dependentes e os usuarios das residencias da Terceira Idade e dos Centros de Menores”, na xestión e Beatriz Mato. 

Reclaman desde a representación de traballadores e traballadores das residencias dependentes da Xunta de Galiza que se non se recorte en recursos necesarios para as prestacións de servizos básicos  nesta situación que cualifican como de “emerxencia social”. Fronte este aforro en prestacións esenciais, denuncian que a conselleira practique “unha parafernalia de actos rancios e frívolos, como foi a elección de miss terceira idade en Melide, demostrando que a prioridade de Beatriz Mato é a cosmética e a ala costura pero non coñecer os problemas e darlle solucións efectivas”. 

Citan os centros de menores San José de Calasanz e o Centro asistencial de persoas discapacitadas da Coruña como exemplo de falta de recursos de persoal xa que a Consellaría nin cubriu baixas nin vacacións.